
13-19 CHUSA
Ingreso: 05/01/2019
FemiaAnimalEstadoGata/oEstá adoptado/aAno de nacementoSexoPeloPelo longoPasou esterilizaciónPeso20143500persa
Chusa foi recollida nunha colonia felina de Teo xunto con outros membros da súa familia. Sempre foi unha das nosas gatiñas menos sociables, con moito medo e sen acabar de adaptarse ao Refuxio. Insistimos en que o Refuxio non é un punto limpo ao que levar os animais que estorban, no caso das colonias debe aplicarse o método C.E.S. ou C.E.R. e non optar pola solución máis rápida e fácil, que non é a mellor para os gatos.
Nos últimos meses está bastante cambiada, segue a ser algo desconfiada pero xa non escapa cando nos achegamos e xa se deixa acariñar. Nunha casa seguramente avanzase moito máis, pero isto só sería posible se alguén decide darlle unha oportunidade.
Chusa ten arredor de seis anos e é preciosa, pero sabemos que vai ser difícil que alguén se fixe nela polo seu carácter, pero hai que intentalo. Lévase ben con outros gatos e sabemos que noutro ambiente, aínda que non chegue a ser unha gata de colo (ou igual si), si pode cambiarlle o carácter. Precisa algo de tranquilidade e paciencia. Alguén se anima? Ela tamén merece unha oportunidade.
