Actividades

II CONCURSO FOTOGRÁFICO “CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO DE BANDO 2015

16 / 07 / 2014
1 / 08 / 2014
12:00 p.m. - 12:00 p.m.

14_calendario

Este ano realizamos o II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”, co cal pretendemos amosar que estes pequenos teñen a oportunidade de ser felices, e que as segundas oportunidades existen.

A través das vosas fotos, vemos o felices e adaptados que están, animando a outras persoas a adoptar e fomentando, sempre, a adopción responsable.

Para participar, podedes enviar unha ou dúas fotografías da vosa mascota adoptada na Fundación Refuxio de Animais, xunto cun pequeno texto que describa a vosa experiencia, a veterinaria[@]refuxio.gal. Tendes de prazo ata o 31 de Agosto.

Bases para participar:

– Só poderán participar fotos de animais adoptados na Fundación Refuxio de Animais (Refuxio de Bando).

– As fotografías deberán ir acompañadas do nº de ingreso do animal no centro, así como do nome que tiña no Refuxio (aparece no contrato de adopción). Indicando, ademáis, o seu nome actual.
É moi importante, xa que procuramos demostrar que os límites de tempo que deixa a Lei de Protección Animal vixente en Galicia, son insuficientes para que os animais abandonados atopen un fogar,

– Deberán ter un formato vertical, o máis aproximado ás seguintes medidas:
Ancho: 23,5 cm
Alto: 33 cm
Resolución: 300 ppp

– Poñerase unha frase que describa a experiencia obtida ao adoptar (mínimo de 10 palabras, máximo de 25).

– O prazo de envío será do 16 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO de 2014.

– A/as fotografía/s deberán ser enviadas por correo electrónico a: veterinaria[@]refuxio.gal

Das trece fotografías máis votadas, a máis votada aparecerá na portada do calendario, e o resto aparecerán por orde de votación.

Ao enviar as fotos o participante comprometese a permitir que a Fundación Refuxio de Animais poida utilizalas con fines de protección animal.

No canto que esté listo informarémosvos o antes posible de onde e como votar.

MOITÍSIMAS GRACIAS anticipadamente pola vosa participación e colaboración. Sen vós, isto non sería posible.

calendario

V EDICIÓN DO MINICANMIÑO

14 / 06 / 2014
9:30 a.m. - 10:00 p.m.
Zarramacedo (Bando) S/N

IV Minicanmiño

QUINTA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”

O sábado 14 de Xuño realizarase a quinta edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.
Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.
Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.

PLAN DO DÍA – HORARIOS

Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:00 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque de Belvís, onde haberá xa instalada unha mesa informativa das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).

Pola tarde, de 18:00 a 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción” e exhibición de educación canina de cans do Refuxio, grazas á colaboración do Educador Canino Ángel Mollá. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.

AOS PADRIÑOS: Animádevos, poderedes levar pola pasarela ao voso afillado e desta maneira procurar atoparlle un bo fogar. Para expor a súa historia na pasarela, precisamos que nos enviedes ao e-mail veterinaria@refuxio.gal ou levedes ao Refuxio:

– Comentario de todo aquilo polo que credes que debe coñecerse o voso afillado/a para atoparlle unha familia que lle aporte un fogar.

– Fotos, pois tentaremos que nos deixen paneis, para expoñer as historias e fotos dos cans que van a participar na pasarela. Estarían expostas ao longo do día.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:

As condicións para todos aqueles que queiran participar son:

– Apuntarse nun listado no Refuxio, ou no e-mail veterinaria@refuxio.gal, indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.

– Terán que ir dúas persoas por can.

– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medrosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.

– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

– Nunca se invadirá a estrada

– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ou esperar a que podamos subilos nós. Rogamos un pouco de paciencia.

As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.

Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O 7 DE XUÑO

Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.

VERSIÓN EN CASTELÁN / VERSIÓN EN CASTELLANO – (DOCUMENTO.DOC)

ESCOLA DE ADOPTANTES

17 / 05 / 2014
5:00 p.m. - 7:30 p.m.
Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais

Escola de Adoptantes

AGORA PODERÁS COÑECER MELLOR Ó TEU NOVO COMPAÑEIRO,
PROPORCIONARLLE OS COIDADOS E A ATENCIÓN AXEITADA.
ENTENDERVOS E ASÍ COMEZAR FELICES A VOSA NOVA VIDA.

Na Fundación Refuxio de Animais, grazas á colaboración do educador canino D. Angel Mollá (Metodo Guau), empezaranse a impartir sesións formativas de iniciación aos adoptantes de cans do Refuxio para que coñezas as características do teu novo compañeiro, as súas necesidades e interpretes os sinais que lle permiten comunicarse contigo, así a incorporación ao seu novo fogar será máis doada e axeitada para todos.

Os requisitos para participar son:
Adoptar un animal do Refuxio de Bando e apuntarse no Refuxio ou no correo electrónico veterinaria[@]refuxio.gal

Localización: As sesións terán lugar no Salón de Actos da Fundación Refuxio de Animais ( Refuxio de Animais en Lg. Zarramacedo-Bando s/n).

Data e hora: Os terceiros sábados de mes os meses pares, e os domingos os meses impares (poranse cada mes as datas de forma anticipada), De 17:00 a 19:30.

As datas e horas das sesións poden modificarse, segundo a dispoñibilidade do colaborador D. Angel Mollá.

ANÍMATE, NUNCA CHE RESULTARÁ TAN DOADO ADOPTAR!!!!!

Este sábado día 10 de maio estaremos no Mercado da Chuvia

10 / 05 / 2014
11:00 a.m. - 8:00 p.m.
Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Como xa adiantaramos a comenzos de ano, a Fundación Refuxio de Animais estará presente ao longo deste ano 2014, como xa estivo no 2013, na celebración do Mercado da Chuvia, organizado polo centro comercial Área Central de Santiago de Compostela.

Realizarase o segundo sábado de mes en horario de 11 á 20 h, ininterrumpidamente.

No posto do Refuxio, atoparás información sobre a Fundación, sobre as formas de colaborar e o noso traballo. Ademáis, poderás adquirir material do centro, productos feitos polo voluntariado, asociacións colaboradoras do Refuxio e algúns artesanos que nos ceden o seu traballo.

Agradecemos de antemán a colaboración de todos eles e vos invitamos a que participedes connosco nesta actividade.

Últimos ingresos

133-25 Farala
132-25 Pepita
131-25 Tomasa
122-25 Elmo
121-25 Claudia
120-25 Leo
119-25 Gordo
115-25 Arrouxe
113-15 Ulloa
112-25 Arzúa
110-25 Requesona
109-25 Tranchete

Pesquisar animal

Últimos animais extraviados

Animal Can/Cadela Tamaño pequeno Macho Estado Pelo medio-curto Ano de nacemento Sexo Está extraviado/perdida Pelo Tamaño 2017

Máis información...

ARES: 3 anos, perdido pola zona de San Miguel de Castro, en Ponte Ulla. Tamaño pequeno. Contacto: 699231411

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

GATIÑA EXTRAVIADA NAS SANTAS MARIÑAS

Animal Femia Estado Pelo medio-curto Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida Peso 2500 2018

Máis información...

Gata totalmente negra. Menos de 2 anos, sen esterilizar e sen chip. Perdida o 13 de Febreiro na zona da rúa das santas mariñas e rúa da estrada. Telfs.

XIVA

XIVA

Pelo curto Femia Animal Estado Gata/o Ano de nacemento Sexo Pelo Está extraviado/perdida 2017

Máis información...

Extraviada pola zona de Milladoiro o sábado 1 de decembro. Ten un ano e medio. Ten chip! Contactos: 676 097 361 - 670 325