Wicca

Wicca

Melisana Esta é a pequena Wicca, aínda que cando foi atopada e levada ó Refuxio chamárona Melisana.

Chegou a miña vida fai máis de 5 meses e dende entón somos inseparables. E unha gatiña moi tranquila, a cal lle encanta acurrucarse ó meu lado, xogar con pelotas de papel e corretear por tódolo piso, así como pasarse horas mirando pola ventá, vixilando quen pasa pola rúa. As veces tamén e algo traste e fai algunha das súas, pero sexa como sexa xamáis a cambiaría por nada.

Queríamos agradecervos, tanto eu como ela todo o que facedes polos animais que se atopan no Refuxio, esos pequenos que pasan por malas situacións e non teñen voz para facerse oír. Grazas por todo o voso esforzo, e grazas polo que fixéchedes por Wicca no seu momento.