Wendy

Wendy

Vín o novo apartado de experiencias na páxina do Refuxio e eu debo de ter unhas mil con Wendy, podería envialas por fascículos! acompáñovos dous delas,

A primeira delas, foi fai unha tempada cando me ía de viaxe, entón estaba a facer a maleta mentres ela andaba olisqueando todo pola miña habitación como de costume. Entón, deixeina por alli mentres eu fun ao baño para coller a toalla, e cando volvín me encontrei coa imaxe que vos envío, encontrou o oco perfecto para meterse na miña maleta! Co pouco que lle gusta a ela o coche…

E a segunda das imaxes non é máis que unha proba (moi habitual) de como sabemos se estivo a comer a súa máxima perdición, o iogur…