Vale

Vale

Vale Bos días:
Os reis magos deste ano trouxeron un regalo moi especial: a Vale (rebautizado como Valentino Rossi).
Teño dous fillos de catro e sete anos, e cando a xente lles pregunta que foi o que máis lles gustou, non o dubidan, Vale.
Aínda que non vive en casa con nos, xa que está cos meus pais.
Meu pai ten unha enfermidade dexenerativa, Corea de Huntington, e xa fai tempo que non fala moito e que non fai nada. Pasa os días sentado.
Dende que Vale entrou en casa o meu pai é outro: revélase e dí que o can é seu e anda sempre pendente del. Parece como se rexuvenecera.
Vale, ao seu tempo, non se separa do meu pai. Pasa o día sentado ao seu carón, sen que ninguén lle dixera que era iso o que tiña que facer. É evidente que os cans teñen un sentido especial para estas persoas.
Dende o primeiro día Vale se adaptou perfectamente, e iso que ten moitos medos. Pero lle gustan moito os mimos, non ladra (a miña nai está convencida de que está mudo), non mexa nin caga dentro da casa, ten unha horta moi grande para correr, xoga cos nenos, coida ao meu pai e recibe mimos por todas partes.
Sempre oín falar da terapia con animais para xente con algún tipo de problema, pero nunca fun testemuña dela.
Podo asegurar que dende que entrou Vale en casa, en lugar de facerlle nos a el un favor por sacalo da perreira, el foi quen o fixo, pois trouxo a alegría a casa dos meus pais.
Moitas gracias,
Minia