Tron

Tron

tron

Moi boas. O da imaxen chámase Tron, coñecido no refuxio como Fouciño aínda que o rapaz que o paseaba antes de ser adoptado por nós, comentáranos que el lle chamaba Tron. Comprobando o chamarlle os dous nomes, facíalle máis caso polo seu nome de agora que por Fouciño e así foi. A súa adopción foi polo ano 2006 cando apenas tiña un ano e pouco, fora abandonado polo seu anterior dono ata que tivo a sorte de que unha familia coma nós o acollera con moitas ganas, á vez de nervos porque tíñamos máis animais nese intre e con intriga si se adaptaría a ese cambio na súa vida. Polo que pouco a pouco e co cariño da súa nova familia Tron foise adaptando da mellor maneira posible.
Despois de 8 anos con nós, só dicir que a experiencia é magnífica xa que o amor que transmite Tron e o agradecemento é único. É un can diferente do cariñoso que é, sempre está enriba de todos nós e á vez é moi educado. Para nós, a súa familia, non nos podería faltar; por iso que animo a todo o mundo que adopte e que teña animais con sentido porque son unha vida coma nós.