24 Abr Shiro e Kuro
Posted at 14:13h
in Experiencias
Hai 2 semanas adoptamos a Shiro e a Kuro no Refuxio (antes Panacote e Ley). Fomos ca idea de adoptar so un, pero ao chegar alí os dous estaban pegados a nós e non puidemos elexir. Cada día estamos máis convencidos de que foi moito mellor adoptar aos dous. Así a adaptación élles máis fácil, teñen con quen xogar e sempre durmen xuntos. Recomendamos aos futuros adoptantes coller a máis dun, pois para eles é moito mellor e para nós é dobre de cariño na casa. Por último, e sobre todo para que a súa coidadora no refuxio sepa, dicirlle que están moi contentos e mimados. Kuro (Ley) foi e é un pouco máis tímido que Shiro, pero suuuper cariñoso. Xa están acostumados a subir ao colo en busca de caricias. En resumo, estamos os 4 encantados!