Sheriff

Sheriff

sheriff Bos días!
Sheriff xa leva con nos tres semaniñas e, non cabe dúbida de que fixo falta moi pouco tempo para que se convertise nun membro máis da familia.
Ao principio ladraba bastante cando marchabamos traballar polas mañás pero, nun prazo aproximado dunha semana, comezou a decatarse de que cada día volviamos para estar con él, darlle mimos e pasealo.
Estamos moi orgullosos de todo o que está aprendendo e, por suposto, tamén estamos cargados de paciencia, cariño e ilusión para poder seguir ensinandoo.
Ten un carácter estupendo e encántanos que sexa tan mimoso e sociable (tanto con outros cans, como con tódalas persoas que se achegan a él).
É un can con múltiples aficións, entre as que destacan: mirar pola ventá, roubar zapatos, “clasificar basura”, facer maniobras para tratar de subir ao sofá, rastrear o mundo enteiro e poñerse panza arriba en busca de caricias.
Somos infinitamente felices con él e estamos moi contentos de poder proporcionarlle un fogar
Mil grazas! Unha aperta!”