Paola

Paola

paola Adoptamos a Paola en xullo cando buscabamos dous gatos para estar na aldea. Era unha gata que levaba os seus tres anos de vida no Refuxio e era bastante desconfiada con humanos así que a vida que leva agora nunha casa con campo e con liberdade para entrar, saír, cazar ratiños, dormir a sesta ó sol, comer herbiñas é ideal para ela e faina moi moi feliz.
Custoulle un pouco adaptarse a vivir nunha casa e nun primeiro momento tiña moito medo e casi non a viamos pero a día de hoxe xa fai vida normal, frotandese contra as pernas de miña avoa para pedir comida ou colándose na cociña para miañar entre as pernas dos que estamos a mesa.
Adoptar é unha alternativa moi recomendable para casas de aldea na que os gatos sempre andiveron ceives xa que ó estar castrados evitan o problema das camadas indeseadas e no caso dos machos non marchan durante periodos longos de tempo da casa.
Estamos moi felices de haberlle dado esta oportunidade a Paola!