Lúa (antes Cintia)

Lúa (antes Cintia)

cintiaAdoptamos o 7 de xaneiro de 2017 a Lúa (antes Cintia), unha cadela de ano e medio que levaba 6 meses no refuxio. O primeiro de todo agradecer a todo o persoal do Refuxio de Bando o seu labor en xeral e a oportunidade que nos deron para ter hoxe na nosa casa a Lúa, unha cadela que máis boa, limpa e cariñosa non pode ser.

Tamén queremos agradecer ao neno que a tiña apadriñada e que a paseaba. Que saiba que Lúa (Cintia) seguro que se lembra moito del, porque cando ve un neno se pon moi leda.

Grazas.