14 Feb Bruma
Esta gatiña de peito branco é Bruma, (Libra no refuxio) adoptada en maio de 2014, e como vedes está moi feliz. A súa irmá maior, Idris, refunfuñou un pouco ó principio pero ahora quérense e mimanse. O seu novo hobbie é mirar fixamente os paxariños que temos nunha voladera e abrazarse a calquera que esté durmindo nun sitio quentiño e blando.
Bruma pasou o seu primeiro ano de vida no Refuxio, crecendo coidada e protexida, non sufriu maltrato como outros, sin embargo non soupo o que é crecer cunha familia, con xoguetiños, descubrindo o mundo pouco a pouco.
Adoptar unha gatiña de un ano foi a experiencia máis especial que puden vivir. Ver como evoluciona desde non querer saír de debaixo do armario por que a tele facía ruído a querer tocalo todo con toda a curiosidade do mundo. Meses despois de estar na casa podias descubrila pegandolle coa pata ós cascos da música ou a un peine, por que eran obxetos que aínda non descubrira.
Nos tiñamos medo de que non se aceptaran, fomolas presentando pouco a pouco e o principio había bufidos e enfados, pero en unha semana Idris xa estaba lambendoa, como boa irmá maior que asea a súa irmanciña. A capacidade dos gatos a adaptarse a situacións novas é asombrosa.
Bruma ten un carácter adorable, danlle ataques de mimos e non se cansa de frotarse, ronronear e pedir mimitos. Portase xenial, deixase recortar a uñas encantada e sempre nos pide auguiña fresca como si se acabase o mundo. Aínda que a súa irmá é algo bruta xogando Bruma é unha pilla e sempre lle está a facer monerías desde algún sitio alto.
Resumindo, é unha experiencia marabillosa darlle a un destos gatiños, que creceron sin familia a oportunidade de descubrir o mundo e ser felices. Nada é comparable a ver como evoluciona desde un cachorriño asustado a unha gata orgullosa e gamberra en apenas un mes.