Bardo

Bardo

bardo Adoptamos a Bardo (antes Barbo) xunto con Paola en xullo do ano pasado cando buscabamos dous gatos para vivir na casa da aldea onde sempre houbo gatos para espantar os ratos.
Estamos encantados con eles e eles están encantados coa súa nova vida.

Bardo tamén levaba os seus tres anos de vida no Refuxio e a pesar de que lle gustaba moito a presencia de humanos non lle gustaba que o colleran ou tocasen demasiado. Sin embargo non tivo periodo de adaptación xa que desde o primeiro día se levou xenial co gato da casa e o único que quería era investigalo todo.
Cambiamoslle lixeiramete o nome xa que lle gusta moito miañar e contarnos contos, é como os bardos, trovadores celtas.

O primeiro día que pisou o campo pensamos que toleaba, empezou a frotarse, a ronronear, a rebozarse, para el foi toda unha experiencia.

Para nos foi unha experiencia moi agradable poder ofrecerlles esta oportunidade a estos dous gatos que por ser adultos, desconfiados, e no caso de Bardo, negro, outras persoas lles negaron nos tres anos que viviron no Refuxio e sentímonos moi agradecidos de que en esos tres anos estivesen tan ben coidados.