Calendario 2013 – xa o podes comprar!

Calendario 2013 – xa o podes comprar!

25 / 12 / 2012

25 / 02 / 2013

Outro ano máis, temos a venda o calendario solidario do Refuxio de Animais de Bando!! Un calendario cuxa recaudación vai, íntegramente, destinada ao Refuxio.

Como os anos anteriores, contamos coa inestimable colaboración de recoñecidísimos artistas galegos que cederon parte do seu tempo e a súa imaxe dun xeito altruista. Así como coa colaboración dos sempre dispostos animais do Refuxio que fixeron todo o posible por axudar e que son os auténticos protagonistas deste calendario.

Especial mención tamén a Miguel Muñiz, o fotógrafo, que colabora co Refuxio dende o inicio da Fundación e que é capaz de sacar nunha imaxe o que non é posible expresar coas palabras.

MOITAS GRAZAS A TODOS/AS ELES E AO VOLUNTARIADO QUE FIXO ISTO POSIBLE.

actividades