Tes algo para ao Refuxio?

Tes algo para ao Refuxio?

O Refuxio precisa da túa axuda, todo o mundo pode colaborar. Aínda que penses “eu non teño cartos, non podo” podes axudar Refuxio donando material que xa non utilices ou non precises. Neste momento, seríannos de utilidade as seguintes cousas:

  • Teclado de ordenador: válenos calquera que funcione. ¡Xa foi donado!
  • Rato de ordenador: válenos calquera que funcione. ¡Xa foi donado!
  • Radiador eléctrico: usámolo para poñer a calefacción dos animais que precisan máis coidados.
  • Se ti mesmo ou algún coñecido, vai cambiar a súa cociña, os mobles vellos poden sernos de utilidade para almacenaxe. En especial, os que van colgados da parede.
  • Se vas a cambiar ou tirar cun estante, seguro que tamén poderíamos aproveitalo.
  • Medicamentos, gasas, esparadrapo, tamén nos son de utilidade.

E se tes calquera outra cousa deste tipo da que vaias a desfacerte, podes preguntarnos e diremosche se podemos darlle un segundo uso.

Moitas grazas pola axuda!