OS PASEOS DE BANDO

OS PASEOS DE BANDO

8 / 10 / 2014

31 / 12 / 2014

Refuxio de Bando

Un saúdo a tod@s padriños e madriñas do Refuxio de Bando. Aproveito para agradecer a vosa colaboración.
Apreciando a grande participación no paseo dos vosos afillad@s e os beneficios que os animais obteñen con eles, queremos aproveitar máis vosa colaboración coa posta en funcionamento dos PASEOS DE BANDO.

En que consisten os Paseos de Bando
O segundo e cuarto sábado de mes polas mañás de 11:30 a 13:00 faranse sesións de paseos dos madriños/madriñas cos seus afillados a cargo do educador canino Angel Mollá, responsable do Método Guau, que colabora co Refuxio.

Nas devanditas sesións traballarase:
– control físico: pautas para o paseo mediante un manexo adecuado da correa, evitando tiróns, o que suporá un gran beneficio para persoas e animais.
– control emocional: a través do coñecemento do comportamento do can así como dos distintos sinais que os cans expresan, poderemos resolver distintos problemas (medos, agresións, etc).
– a obediencia.
– técnicas de relaxación e traballo: aplicando as pautas do Método Tellington TTouch que mellorará a súa estanza no Refuxio e potencian a súa sociabilización.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Finalidade
De forma divertida potenciarase a sociabilización e un axeitado e relaxado comportamento dos cans do Refuxio de Bando o que facilitará a súa adopción e adaptación ao novo fogar.
Localización
Nun principio polos arredores do Refuxio, pero preténdese facer rutas, así será máis ameno e poderanos coñecer máis xente e ter máis posibilidade de que adopten o voso afillado e que colaboren co Refuxio.

Para participar hai que ser padriño/madriña da Fundación Refuxio de Animais e apuntarse no Refuxio ou na dirección veterinaria[@]refuxio.gal