30 Abr Agradecementos curso TTouch
A Fundación Refuxio de Animais agradece a Wendela Bicker, terapeuta oficial do Método Tellington TTouch a sesión que ofreceu altruistamente no Refuxio de Bando a voluntari@s e madriñas/padriños participantes no grupo de educación canina Bando Guau, que traballan cos seus afillados a cargo do educador canino Angel Moya.
O devandito método baséase en mellorar tanto o estado de saúde como mental dos animais así como a súa relación coas persoas a través de ‘toques de confianza’ consistentes en masaxes circulares, exercicios físicos e vendaxes. Puidemos apreciar os efectos beneficios de forma case instantánea.
Coas súas ensinanzas, que xa empezamos a aplicar, estamos seguros que melloraremos a estanza dos animais residentes no Refuxio, así como se facilitará a súa adopción