30 Abr 20-21 SETEMBRO: SEMINARIO TELLINGTON TOUCH
VISUALIZAR PDF: TTouch Santiago
MÉTODO GUAU, colaboradores activos da Fundación Refuxio de Animais, organiza un seminario moi interesante para os días 20 e 21 de Setembro.
Será impartido por Wendela Bicker Caarten. Terapeuta certificada do Método Tellington Ttouch®.
.: Qué é o Método Tellington TTouch®? :.
Este método único de traballar cos animais e aumentar o seu benestar, foi inventado e desenrolado por Linda Tellington–Jones, adestradora, especialista en comportamento animal e autora de libros sobre Ttouch® en animais.
O método baséase nunha maneira específica de traballos corporales, os Ttouch®, que reforzan a relaxación e a conciencia corporal do animal e tamén do ser humano. O método Tellington Touch® está baseado no respecto e colaboración mutua, ademais de establecer un sistema único de comunicación non verbal entre a persoa e o animal.
O método TTouch® está ben aceptado en países como os EEUU e resto de Europa (Inglaterra, Alemania, Francia, Italia) onde se utiliza tanto con cans como cabalos, e animais de zoolóxicos.
Máis información do TTOUCH: Páxina Web Oficial
Máis información acerca do Seminario: Método Guau