II CONCURSO FOTOGRÁFICO “CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO DE BANDO 2015

II CONCURSO FOTOGRÁFICO “CALENDARIO SOLIDARIO DO REFUXIO DE BANDO 2015

16 / 07 / 2014

1 / 08 / 2014

14_calendario

Este ano realizamos o II Concurso Fotográfico “Calendario Solidario do Refuxio de Bando 2015”, co cal pretendemos amosar que estes pequenos teñen a oportunidade de ser felices, e que as segundas oportunidades existen.

A través das vosas fotos, vemos o felices e adaptados que están, animando a outras persoas a adoptar e fomentando, sempre, a adopción responsable.

Para participar, podedes enviar unha ou dúas fotografías da vosa mascota adoptada na Fundación Refuxio de Animais, xunto cun pequeno texto que describa a vosa experiencia, a veterinaria[@]refuxio.gal. Tendes de prazo ata o 31 de Agosto.

Bases para participar:

– Só poderán participar fotos de animais adoptados na Fundación Refuxio de Animais (Refuxio de Bando).

– As fotografías deberán ir acompañadas do nº de ingreso do animal no centro, así como do nome que tiña no Refuxio (aparece no contrato de adopción). Indicando, ademáis, o seu nome actual.
É moi importante, xa que procuramos demostrar que os límites de tempo que deixa a Lei de Protección Animal vixente en Galicia, son insuficientes para que os animais abandonados atopen un fogar,

– Deberán ter un formato vertical, o máis aproximado ás seguintes medidas:
Ancho: 23,5 cm
Alto: 33 cm
Resolución: 300 ppp

– Poñerase unha frase que describa a experiencia obtida ao adoptar (mínimo de 10 palabras, máximo de 25).

– O prazo de envío será do 16 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO de 2014.

– A/as fotografía/s deberán ser enviadas por correo electrónico a: veterinaria[@]refuxio.gal

Das trece fotografías máis votadas, a máis votada aparecerá na portada do calendario, e o resto aparecerán por orde de votación.

Ao enviar as fotos o participante comprometese a permitir que a Fundación Refuxio de Animais poida utilizalas con fines de protección animal.

No canto que esté listo informarémosvos o antes posible de onde e como votar.

MOITÍSIMAS GRACIAS anticipadamente pola vosa participación e colaboración. Sen vós, isto non sería posible.

calendario