V EDICIÓN DO MINICANMIÑO

V EDICIÓN DO MINICANMIÑO

14 / 06 / 2014

14 / 06 / 2014

Zarramacedo (Bando) S/N

IV Minicanmiño

QUINTA EDICIÓN DO “MINICANMIÑO” DE SANTIAGO DUN GRUPO DE “ PERREGRINOS” DA FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS.
TODOS PODEDES PARTICIPAR: VOLUNT@RIOS, PADRIÑ@S, ADOPTANTES, SIMPATIZANTES, E EN RESUMEN TÓDOLOS QUE CREAN QUE EN PROTECCIÓN ANIMAL “O MOVEMENTO DEMOSTRASE ANDANDO”

O sábado 14 de Xuño realizarase a quinta edición do ‘Minicanmiño’. Este novo grupo de ‘perregrinos da esperanza’ estará composto por un grupo duns 20 voluntari@s que guiarán a 10 cans da Fundación Refuxio de Animais, e os padriños e madriñas co seu afillado/a.
Tamén están invitados todos aqueles que adoptasen cans no Refuxio ou simplemente simpatizantes da Fundación, dos seus residentes ou da causa, para procurar demostrar que o abandono é un problema que interesa aos cidadáns e que están dispostos a participar e intentar axudar neste gran problema adoptando ou colaborando. Non fai falla que fagan a marcha completa, poden incorporarse ao longo da marcha, que coincide co último tramo do Camiño de Santiago.
Con todo isto, esperamos crear unha senda para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do centro e atopar un fogar para eles ou para algún dos mais de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando.

PLAN DO DÍA – HORARIOS

Os participantes terán que estar as 09:30 no Refuxio para recoller ao seu compañeiro do camiño, iniciando a marcha ás 10:00 no Refuxio de Bando, para chegar en torno ás 13:30-14:00 ao parque de Belvís, onde haberá xa instalada unha mesa informativa das distintas actividades e formas de colaborar coa Fundación Refuxio de Animais (voluntariado, apadriñamentos, socios, doazóns, colaboracións… etcétera.) Tamén se venderá material publicitario para recadar fondos para os animais do centro.

De 15:00 a 17:00 farase un descanso para comer e recargar baterías, (traede un bocata ou tarteira!!!).

Pola tarde, de 18:00 a 18:30 farase unha “Pasarela da Adopción” e exhibición de educación canina de cans do Refuxio, grazas á colaboración do Educador Canino Ángel Mollá. Así mostraranse aos nosos ‘perregrinos’ (afillados e outros cans do Refuxio), expoñendo a súa historia e facultades.

AOS PADRIÑOS: Animádevos, poderedes levar pola pasarela ao voso afillado e desta maneira procurar atoparlle un bo fogar. Para expor a súa historia na pasarela, precisamos que nos enviedes ao e-mail veterinaria@refuxio.gal ou levedes ao Refuxio:

– Comentario de todo aquilo polo que credes que debe coñecerse o voso afillado/a para atoparlle unha familia que lle aporte un fogar.

– Fotos, pois tentaremos que nos deixen paneis, para expoñer as historias e fotos dos cans que van a participar na pasarela. Estarían expostas ao longo do día.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS:

As condicións para todos aqueles que queiran participar son:

– Apuntarse nun listado no Refuxio, ou no e-mail veterinaria@refuxio.gal, indicando: nome e apelidos, e-mail, teléfono, relación con Refuxio (padriños, voluntarios, adoptantes…) , e o animal que queren levar, así coma se poden quedar pola tarde á ‘Pasarela da Adopción’.

– Terán que ir dúas persoas por can.

– Aqueles padriños/madriñas que tendes afillados dominantes, medrosos, ou incompatibles co resto dos cans que irán na marcha, non poderedes levalos pero vos asignaremos outro previamente avaliado. Desta maneira pretendemos evitar problemas entre os animais durante a realización da actividade co obxectivo de que a actividade sexa o máis divertida posible para todos.

– Os participantes irán polo lado esquerdo da estrada e levarán ao can polo lado interno ou entre os dous paseantes.

– Nunca se invadirá a estrada

– Levaranse bolsas para recoller as defecacións.

– Os padriños e madriñas terán que organizarse entre eles para facer grupos cos seus coches para volver despois ao Refuxio.
No caso de quedarse pola tarde, terán que subir aos cans ou esperar a que podamos subilos nós. Rogamos un pouco de paciencia.

As condicións para todos aqueles que queiran participar na camiñata son as mesmas que para o resto dos compoñentes.

Quen se queira unir á marcha pode facelo ao longo da ruta.

PRAZO PARA APUNTARSE ATA O 7 DE XUÑO

Sempre hai algunha maneira de axudar, solo hai que animarse. Moitas grazas por anticipado pola vosa participación.

VERSIÓN EN CASTELÁN / VERSIÓN EN CASTELLANO – (DOCUMENTO.DOC)