SESIÓNS DE MANEXO CANINO

SESIÓNS DE MANEXO CANINO

30 / 12 / 2013

27 / 01 / 2014

Refuxio de Bando

Ola a tod@s

En febreiro iniciaremos unhas xornadas impartidas por parte de Angel Mollá, educador canino,  como xa nos comentou nas pasadas sesións feitas no Refuxio para voluntarios, empregados, padriños/madriñas e socios.

As sesións teñen por fin o manexo dos cans do Refuxio para que sexa máis fácil a súa adopción.
Anímate, será divertido e moi beneficioso para tod@s

concurso de fotografia
Lugar, data e horario
As sesións faránse no Refuxio os venres, sábados e domingos de 16:00 a 20:00.

Quen pode participar?
Será para empregados do Refuxio, voluntarios, socios e padriños/madriñas. O primeiro día será parte teórico e o segundo e terceiro práctico.

Descargar temario (pdf, 780 kb)

Cómo apuntarse?
Quen desexe participar, ten que enviar un correo-e a veterinaria@ refuxio.gal indicando en que sesión ou sesions participarán. O prazo máximo para apuntarse será ata o 26 de xaneiro.

Podedes tamén apuntarvos só a parte teórica e non á práctica.

Rógase seriedade na participación, de xeito que quen se apunte, asista as sesións, por respecto ao  educador canino Angel Mollá.
Agradecemos de antemán o esforzo e axuda que Ángel aportará ao Refuxio con estas sesións, esperando que máis animais podan ser adoptados.