SÁBADO 14 e DOMINGO 15 estaremos no MERCADO DA CHUVIA

SÁBADO 14 e DOMINGO 15 estaremos no MERCADO DA CHUVIA

14 / 12 / 2013

15 / 12 / 2013

Centro comercial de Área Central - Santiago de Compostela

Colaboradora RefuxioO próximo sábado 14 e domingo 15 de decembro de novo, grazas á colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, o Refuxio de Bando contará de novo cun posto co material artesanal feito por voluntarios ou distintas asociacións, escolas e artesáns para recolectar fondos para os animais que acolle o Centro.
É unha boa ocasión para facer as compras de Nadal de xeito que non só farás un agasallo a quen máis queiras mercando material do Refuxio, senón que farás un agasallo aos máis dos 450 animais que residen diariamente no Centro.
Ademáis podes adquirir lotería de Nadal, que sempre toca, e ter a oportunidade de conseguir un calendario que encheará de Leticia cada mes do vindeiro 2014, pois os seus protagonistas son “EXRESIDENTES” do Refuxio, pois tiveron a gran suerte de atopar un fogar.

Lembrade que estaremos en Área Central dende ás 11:00 ata ás 21:00 horas. Unha cadela da Fundación acompañaranos.

Faránse dous talleres sobre: etoloxía e coidados de cans e gatos nos horarios:

12:00-13:00
19:00-20:00

Con esta actividade preténdese achegar aos animais de compañía: cans e gatos aos cidadáns, dando importancia as súas necesidades e comportamento, que polo seu descoñecemento en moitos casos son causa do abandono ou maltrato.

A Fundación agradece a colaboración da organización do MERCADO DA CHUVIA, AÁea Central e de voluntarios, colaboradores que nos permiten acercar ao cidadán os animais de compañía, informar das maneiras de axudar cos animais do Refuxio e de recoller cartos.