30 Abr PORQUE DESPOIS DA CHUVIA… SEMPRE SAE O SOL
A SEGUNDA EDICIÓN DO ‘MINICANMIÑO’ DOS PERREGRINOS DO REFUXIO DE BANDO FOI UN GRANDE ÉXITO A PESAR DO MAL TEMPO CON QUE SUESTE INICIO O DÍA. GRAZAS AOS VOLUNTARIOS QUE NON SE RENDERON ANTE A CHUVIA, AO FINAL TODO SE ARRANXOU: SAÍU O SOL E ADOPTÁRONSE 3 ‘PERREGRINOS’
‘A mal tempo boa cara’, esa é a actitude dos incansables voluntarios, adoptantes e simpatizantes do Refuxio de Bando que participaron na segunda edición do ‘minicanmiño’.
Aínda que a marcha estivo ‘pasada por auga’ ao chegar a Santiago o esforzo tivo a súa recompensa, os ceos despexáronse e o sol brillou toda a tarde, polo que favoreceu que moita xente se achegase ao posto do Refuxio, informándose e colaborando coa acción que se leva a cabo no Centro.
Os novos produtos do Refuxio deseñados pola voluntaria Nuria, foron un éxito e a parte dos apadriñamientos que se realizaron e os donativos de anónimos cidadáns, o mellor é que 3 dos ‘perregrinos’: Festa, Lasta e Lara encontraron unha estupenda meta, unha familia coa que empezar unha nova e boa vida.
Tamén foi moi gratificante reencontrarnos con algúns dos animais adoptados coas súas novas familias: Donovan, Dalmatia e Picaso. Todos estaban encantados.
Foi un día que representou perfectamente o día a día no Refuxio de Bando: aínda que hai veces que todo se ve negro e que non hai solución, con esforzo, ilusión e esperanza de todos, voluntarios, empregados e cidadáns, pódese conseguir o que en ocasións parece imposible: que os animais encontren adoptantes e recadar fondos para seguir investindo en mellorar a situacón dos animais do Centro.
‘Obras son amores e non boas razóns’
MOITAS GRAZAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO E COLABORACIÓN PORQUE DESPUES DE LA LLUVIA… SIEMPRE SALE EL SOL