Bicho

Bicho

Bicho Segundo me comentaron Bicho foi atopado no parque do Auditorio con un ou dous meses de idade e moi maliño, fractura de cadeira e pata. Operáchelo por bo e xeitoso a pesar do seu mal pronóstico e precisabades de alguén co que pasara o postoperatorio. Así que Bicho veu a miña casa, e aquí quedou. Efectivamente é un gato cariñoso pero o seu nome tamén di moito del. Traelo a casa foi un esforzo pois precisa de atención e coidado e sempre hai que pensar nel a hora de marchar da casa pero ese gran esforzo co tempo convértese nunha grande alegría de compartir o espazo cunha criatura tan lista, e tan marabillosa como é Bicho. Para as persoas que dubidan en coller gatos do refuxio teño que dicirlles que Bicho ten algunhas virtudes para ser un gato caseiro que se derivan da protectora, unha que so quere comer penso, a comida non é atractiva para el, salvo o leite desnatado polo que tolea. Agradézolle ás persoas que coidaron de Bicho e mo entregaron todo o seu traballo. Espero que esta pequena achega sexa un aliciente para continuar coa dura tarefa.