11 Mai Axuda para operar a Pisa
Pisa chegou ao Refuxio no 2010. É unha cadeliña moi xoven e alegre que ademáis de non ter sorte co seu primeiro dono – pois a abandonou – agora ten cataratas xuvenís, algo moi estrano que tamén lle tivo que pasar a ela. Se ninguén comenta nada e a vemos xogar e pasear, probablemente ningún de nós o imaxinase, xa que se sabe manexar moi ben.
Afortunadamente a súa sorte comezou a cambiar, xa que grazas a Loly, agora Pisa ten un fogar de acollida, aínda que as súas cataratas seguirán evolucionando se non facemos nada. Para a súa curación, podería operarse, pero o coste da cirurxía é tan elevado que a Fundación non pode costeala. É por iso que vos propoñemos, a todos aqueles que queirades colaborar cun donativo, o fagades na Conta Bancaria da Fundación Refuxio de Animais:
NOVAGALICIA BANCO (ABANCA)
C.C.C: 2080-0388-22-3040000891
IBAN: ES6620800388223040000891
Poñendo no concepto “Pisa”.
Precisamos duns 1.300€, coste no que se inclúe a cirurxía e a medicación posterior á mesma.
Todos podedes colaborar. Para iso, indicaríamos a cuantía dos donativos que se aporten co nome (sen apelidos) dos benefactores de Pisa. Calquera cantidade, por pequena que sexa, valerá.
Grazas de antemán polas vosas colaboracións, da nosa parte e por suposto, de parte de Pisa.