28 Mai Mercadiño solidario na Praza Roxa
							Posted at 22:48h
							in 							
							                                    						
						
POR FIN IMOS FACER UN MERCADIÑO 
 Pero debido a un imprevisto, non será no Toural como estaba previsto senón na PRAZA ROXA.
Logo de 15 meses sen ningún mercadiño solidario, por fin temos permiso para realizalo 
 Será este sábado día 29 de maio e estaremos de 10 a 20 horas na Praza Roxa.
Imos ter moitas cousas chulas: un montón de libros de todo tipo (incluído literatura infantil), xoguetes para cans e para gatos, accesorios, roupa… Os nosos voluntarios estarán encantados de solventar as vosas dúbidas e axudarvos no que precisedes 
Agardámosvos este sábado e contamos con vós para que este primer mercadiño de volta sexa todo un éxito! Botamos de menos ver as vosas caras e a dos canciños adoptados que sempre nos veñen visitar, así que estamos moi emocionados de volver 