
150-19 Fany
Fany chegou ao Refuxio xunto coa súa nai e as súas tres irmás (Lima, Trina e Romina). Foron recollidas no concello de Teo e subidas ao Refuxio a través de Protección Civil. Eran moi pequeniñas cando chegaron pero agora xa están listas para irse a un fogar definitivo así que agardamos que alguén se fixe nelas en breve.