
194-19 Ordes
                                Ingreso:   26/04/2019
                                AnimalPelo curtoMachoGata/oEstadoAno de nacementoEstá adoptado/aSexoPeloPesoPasou esterilización20153500común europeo                            
							                            
                                                                
                            Ordes chegou ao Refuxio xunto con outros vinteún gatos debido a un desafiuzamento. Ao igual que os seus compañeiros, chegou moi asustado pero non tardou en coller confianza e amosarnos o seu carácter bonachón. Viña con problemas de pel e houbo que tratalo, unha vez recuperado levouse cos seus compañeiros e volveu recaer, en varias ocasións. Agora está cun penso especial e moi recuperado, pero precisamos atoparlle algo canto antes. Alguén se anima a ofrecerlle un óco? É un gato adorable, xoguetón, simpático e cariñosísimo. Lévase ben con outros gatos.
Ten arredor de catro anos e entregarase con contrato de adopción, desparasitado, vacinado e esterilizado. 


