706-18 ZULEMA
Zulema leva con nós dende finais do 2019, logo de que a recollesen xunto cos seus cachorros.
Chegou sendo moi tímida e medrosa, aínda que se deixaba manipular bastante ben
Debido á súa timidez pasou bastante tempo do máis desapercibida nas gateiras. En canto vía xente, agochábase ou quedaba tumbada nunha das súas camiñas sen moverse nada de nada, con pánico incluso na súa mirada Pero desde hai un par de meses, comezou a mudar a súa actitude. Agora en vez de fuxir do contacto da xente, parece que te mira para que a vaias acariñar e, unha vez chegas a onde está ela e lle empezas a rascar no lombo, érguese dando voltas sobre ela para que a acaricies, restregándose na túa man e brazo
A verdade que nos fan moi felices este tipo de cambios e pensamos que agora que xa se acostumou á xente, é hora de que atope un fogar definitivo no que ser feliz.
É unha gata un pouco “moble”, tranquila e á que lle encanta durmir , pero que precisa a súa dose de mecos. Pensamos que nun fogar non daría moito traballo e, aínda que é posible que tarde un tempo en adaptarse, vai facer moi feliz á súa familia, porque é desas gatiñas que chegan ata o máis profundo do teu corazón con esa mirada e esa actitude que ten ela