644-18 RASPAS
Raspas é outro de tantos gatiños que chegaron ao longo do 2018 sendo cachorriños e medraron no Refuxio.
El foi recollido na zona de Villestro (Santiago de Compostela) no mes de outubro. Estaba no motor dun coche, no que se refuxiou seguramente para protexerse do frío Era bastante tímido e foi pasando totalmente desapercibido para os adoptantes, polo que dous anos e pico despois, aquí segue.
Segue a ser medrosiño, pero é bo, lévase ben con outros gatos (de feito é bastante submiso con eles) e ten moito interese pola xente. Agora que foron marchando os compañeiros de gateira máis sociables, el déixase ver moito máis, sempre observando desde a distancia e en silencio. Encantaríanos que puidese marchar para un fogar canto antes, ao igual que foron marchando os seus compañeiros. Sería ideal para compartir con outro gato, pero tampouco tería problema en ser fillo único, só precisa que alguén lle dea unha oportunidade.